viernes, 8 de mayo de 2009

O cuarto musical


O primeiro que fago cando entro no meu cuarto é abrir a persiana para que entre a claridade e despois sento na cadeira de brazos e poño a música a tope. Detrás da cadeira teño a miña cama e un moble grande, neste teño libros, fotos e os meus trofeos, gañados ó xogar ó fútbol.
Ó lado dese armario está a ventá; e dende aí vexo o Colexio Apóstol e tamén o mar... ¡Encántanme as vistas!.
No escritorio teño o ordenador é unha lámpada, a cal podo mover nas direccións que queira.
E así é o cuarto onde paso todo o tempo.

1 comentario:

  1. Bo traballo, Nuria. ¡Dasme envexa con esas vistas! Eu tampouco pasaría sen abrir persianas e cortinas. Pero ollo co volume, non vaias estropear os oídos...

    ResponderEliminar