jueves, 21 de mayo de 2009

A miña habitación



A miña habitación está situada a carón do balcón e o salón damiña casa.

Aporta é de madeira e é a unica da miña casa que se abre hacia fora. As paredes da habitación son de cor rosa forte que contrastan moi ben coa cor branca do teito. No centro deste teño unha lámpada de tea.


Para situar ven as cousas veremos a habitación dende a porta. A man esquerda teño o meu escritorio, a madeira é de cor mel. Enrriba teño a pantalla do ordenador e os seus altavoces, tamen un flexo, e case sempre enrriba da mesa un monton de cousas que non preciso e que están ocupando espazo.


Na parede teño un sobresainte adornado por un marco de madeira en nel teño postas fotos e algún calendario. Ao lado do escritorio teño a ventá que dame a luz todo o día. No chan está a papeleira e xeralmente o seu carón algún que outro par de zapatos para gardar máis tarde.


Facendo esquina coa parede de fronte teño fotos pegadas dos meus amigos de Nerga e debaixo chegando o chan unha caixa chea de libros. A dereita teño o armario que é da mesma cor que o escritorio. Este está adornado con dúas mariposas de cartón unha rosa e outra branca.


Se abrimos as dúas portas que ten, podemos ver un percheiro e tanto enrriba del como debaixo dous estantes. No máis alto gardo as cousas que xa non necesito como as bonecas, ou as caixas dos antigos móbiles.


No percheiro teño colgadas as chaquetas, camisas e pantalóns. No estante do medio gardo todas as chaquetas e xerxeis. E por último entre o estante dos xerxeis e o chan do armario teño os libros de clase e os bolsos.

Seguindo a vista pola parede teño un espello estreito e longo, o seu lado pero máis no alto unha foto moi grande de dúas amigas e tamen teño o lado unha foto miña na que poño outras máis pequenas o seu arredor das máquinas do fotomatón.


Volvendo a porta, a súa man esquerda ca atopamos a cama, é alta xa que debaixo ten seis caixóns, catro grandes e dous abaixo máis estreitos. Os catro primeiros son dous de cor malva e outros dous de cor cru.


O edredon que cobre a cama é marrón e ten estampadas moitas flores grandes de cor amarelo, violeta, rosa, azul, laranxa... E adornando sobre ela teño moitas cousas.

Nos pés da cama un demonio cun corazón na man de cor negro e o seu lado dous osiños, un moi grande e de cor azul e o outro pequeno e marrón.

Tamén teño unha tartaruga moi cabezona cuns ollos enormes e verdes.

E xa na cabeceira catro coxíns dous cadrados de cor rosa e verde pistacho respectivamente e dous rosa e laranxa en forma de estrela e corazón.


Na parede da cama hai dous estantes da mesma cor que os caixóns e están colocadas unha máis arriba que a outra. Na de abaixo de esquerda a dereita teño unha margarida grande de cor rosa e verde , o seu lado teño tres marcos de fotos nas que atopamos unha das miñas amigas cando fumos a Tenerife e outra do meu mozo e eu.


Eneste estante tamen tres velas e o meu perfume favorito. Na máis alta teño un cacharro de cristal con cunchas das Illas Cies, e outros dous marcos de fotos un deles o que pintei nas clases de fogar.Facendo esquina coa outra parede unha oito rosas disecadas e outras de cores que compras pola noite os chinos.


E por último e máis importante o porco das moediñas.

Como última valoración podo dicir que teño a habitación adornada con personalidadexa que eu son moi nerviosa e alegre.

Este cuarto da casa é pequeno pero teño as cousas moi ben colocadas e a luminosidade todo o día non a cambio por outra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario