viernes, 8 de mayo de 2009

O cuarto dos meus sonos.


O meu cuarto é facil de distinguir na casa xa que é o máis grande. É inmenso, tanto que a metade está como sala de xogos, onde teño unha mesa de billar, un carril de bolos e un pinball. No chan teño moqueta polo que podo andar descalzo.
Na outra metade é onde durmo e fago os debere. Entrando pola porta, a man esquerda, teño o ordenador e o equipo de música. Tamén teño a guitarra e na parede teño bufandas de todos os equipos. O teito está acristalado, polo que non teño que usar moita corrente eléctrica nin calefacción, xa que funciona como invernadoiro.

En definitiba, o meu cuarto é onde paso a maior parte do meu tempo cos meus amigos e gustame moito estar nel e non o cambiaria por ningún outro.

Nota: Terá moitos luxos, será grande e todo o demáis, pero ten un enorme fallo, non ten cuerto de baño propio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario