viernes, 8 de mayo de 2009

Descrición de cuarto tenebroso



Se a casa da medo por si soa, o cuarto principal é peor.

Nada máis entrar pola porta, pódese distinguir una néboa que envolve todo o cuarto. Á esquerda hai un armario que ten aspecto de ser antigo e, xunto a el, hai unha butaca de coiro que ten unha grosa capa de po.

Despois de desviar a mirada durante un intre, distínguese un espello circular que, misteriosamente, non reflicte nada. Ao carón hai unha mesa de noite cunha lámpada enriba.

Na cama, que é grande, hai unha almofada, pero nada máis. Do outro lado hai unha cómoda, que está esnaquizada. No teito hai unha lámpada de araña cunhas dimensións desproporcionadas, que ten aspecto de estar a punto de caer.

Polo que dicían os periódicos da época, aquela habitación non proporcionaba boas sensacións as persoas que alí vivían.

No hay comentarios:

Publicar un comentario