
O meu cuarto non é moi grande pero teño bastantes cousas.En inverno é moi frío pero no verán
abafo cá calor.Na entrada a man esquerda está o zapateiro e o seu carón a coqueta onde gardo as miñas xoias e os meus panos.O lado dereito da porta está o armario onde a roupa está moi desordeada.Fronte a entrada está a miña cama con moitos dos meus peluches ós que me abrazo cando estou triste.O meu escritorio é longo e normalmente cheo de libros, amaioría innecesarios.Nel estudo,penso e debuxo moito xa que cando miro pola fiestra sinto moita inspiración porque a través dela vense montañas,agora mesmo adornadas por mimosas e toxos moi floreados,campos cheos de animais e pequenas casas cós seus habitantes aldeáns tumbados nos seus campos mirando as nubes,isto recordame a cando eu era pequena que sentaba a mirar para oceo imaxinandome os parecidos das nubes con obxectos e animais.Na miña habitación paso moitos momentos pero o mellor é cando chega a noite e miro as estrelas pola ventá.É unha habitación marabillosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario