miércoles, 3 de octubre de 2007

¡Somos uns artistas!


¡¡¡Hai que ver o xenio creador que cada un de vós leva dentro...!!! E, sobre todo, de qué marabillas somos capaces se nos botamos todos xuntos a crear un cadáver. Este é realmente exquisito... mmm...
Velaquí tendes a nosa primeira creación colectiva:


***

Adeus vellos, adeus maiores, adeus residencias de anciáns
Estou a punto de morrer, xa me dá igual o que me pase.
Eu felicítote neste día e que o celebres con alegría,
porque cada día é un menos na túa vida.
As persoas anciás témolas un pouco deixadas de lado,
os nenos non respectan os maiores.
"Morre, jedi vello, morre"
Dixo o seu peor inimigo,
o vello das tabernas chamado Aarón.
¿Queres ir tomar café? ¿Ou prefires tomar un té?
Nós, somos vellos, pero comportámonos como nenos pequenos.
E o tempo pasa sen máis. É a vida.


***



Calquera destes cadros (que me chiflan) poderían ilustrar o noso poema, ¿coñecédelos?
Este é de Gustav Klimt, do século XX:



E este é de Hans Baldung, do século XVI:



¿Sabedes xa que simbolizan?


2 comentarios:

  1. A min gustoume mais o segundo porque aparece unha caveira,pero a opinion esta entre todolos compañeiros,espero que os demais teñan os mesmos gustos para que desa maneira poñan a que me gusta,jajaja
    un saudo dende a perezosa!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas profe por colgar a miña historia gustame moito as cousas que estas facendo, e pásomo moi ben.

    ResponderEliminar